Pestanas principais

Adíase a carreira solidaria “Móvome pola paz” do CEIP de Barouta

Xoves, 28 xaneiro, 2021
A 5ª carreira solidaria “Móvome pola paz” que se ía realizar este venres, 29 de xaneiro, no CEIP de Barouta adíase por mor das previsións metereoloxicas que anuncian chuvias para esa xornada. A carreira realizarase máis adiante, nunha xornada na que o tempo o permita.

Este ano, por mor da situación de pandemia, a carreira non contará con público nin con convidados e realizarase seguindo estritas medidas de seguridade que implicarán o uso de máscaras e que os rapaces e as rapazas corran únicamente cos compañeiros e compañeiras coas que comparten burbulla na aula.