- Tematica
O Concello de Ames, en colaboración coa asociación GDR-Xeodestino Terras de Santiago, organizan a ruta teatralizada “O segredo do Andoriña”, unha iniciativa que xa se desenvolveu en anos anteriores e que serve para poñer en valor e dar a coñecer a natureza, patrimonio e historia da contorna do río Tambre.
Nesta camiñada, duns 5,2 quilómetros aproximadamente, e que transcorre polas parroquias de Piñeiro e de Tapia, poderase descubrir particularidades da natureza, a historia e o patrimonio que agochan as ribeiras do río Tambre. A través da representación teatral que acompañará a ruta de sendeirismo, achegarase dun xeito lúdico a historia de elementos materiais e inmateriais desta zona, coma muíños ou as fragas. A teatralización, o vestiario, o atrezzo e o guión desta camiñada correrán a cargo de Os Quinquilláns, unha compañía con ampla experiencia en recreación histórica e patrimonial.
A ruta terá lugar o vindeiro domingo, 19 de outubro, a partir das 10.30 horas. O punto de saída será desde a praia fluvial de Tapia. Contarase con servizo de autobús, que sairá ás 10.00 horas desde a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10.15 horas do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O horario de regreso será arredor das 14.00 horas.
As persoas que xa están inscritas teñen a súa prazas reservada para o domingo 19 de outubro. No caso de que queden prazas libres abrirase un novo prazo de inscrición. A ruta non é apta para persoas con mobilidade reducida.





