Pestanas principais

Abre o prazo para participar nun "escape room" literario para nenos e nenas de 3º a 6º de primaria

Martes, 5 abril, 2022
Xa está aberto o prazo para participar nos obradoiros do mes de abril para a rapazada de 3º a 6º de primaria nas bibliotecas amesás. Nesta ocasión, terá lugar un “escape room” literario, na que os nenos e nenas terán que abrir todos os cadeados agochados nas bibliotecas. Os talleres desenvolveranse no Milladoiro o venres 22 de abril, ás 17:30 horas, mentres que en Bertamiráns a sesión será o sábado 23 ás 11:30 horas.

Dende o 4 ata o 20 de abril poderase reservar praza a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, ou ben no teléfono indicado para cada centro: para a biblioteca do Milladoiro, o 981 53 08 07, mentres que no caso de Bertamiráns, o 981 88 48 29.

Multimedia