Pestanas principais

Está aberto o prazo para inscribirse nas prazas libres das Escolas Deportivas Municipais para o mes de abril

Martes, 12 abril, 2022
A Concellaría de Deportes reabre o prazo para inscribirse nas prazas libres das escolas deportivas municipais 2021/22 para o mes de abril. Todas as persoas interesadas poden inscribirse nunha primeira actividade se non o fixeron ata agora, ou ben poden acceder a unha segunda se xa estiveran inscritas nalgunha delas. Pódense consultar todas as propostas nos arquivos anexos ao aviso.

A matrícula realizarase telematicamente a través da plataforma Cronos, no módulo “Inscrición en clases”. Unha vez que a plataforma confirme a praza, deberase tramitar o pagamento, para o que hai dúas opcións.

A primeira é de xeito telemático, solicitando a folla de autoliquidación nas Oficinas de Recadación a través do correo electrónico ames@canaltributos.com, chamando ao número de teléfono 981 88 48 96, ou ben realizando a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello (non precisa certificado electrónico) premendo na opción “pagar taxas”.

A outra opción é acudir de xeito presencial ás oficinas do Concello de Ames, situadas na praza Horta de Abaixo, 6, en Bertamiráns, ou na rúa Viorneira, 6, no Milladoiro.

Unha vez feita a autoliquidación deberá ser pagada no prazo establecido e non será preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega automaticamente. Se non se realiza o pagamento no prazo de 3 días, a inscrición quedará anulada.

Instrucións para empregar a plataforma Cronos para inscribir a menores de idade
No caso de que a persoa que se desexe inscribir sexa menor de idade, primeiro debe de darse de alta na plataforma Cronos o seu responsable legal como titular. Despois, darase de alta á persoa menor de idade como beneficiaria. Unha vez realizadas as altas, dende a conta de usuario da nai, pai ou titor legal haberá que cambiar ao novo usuario asociado como beneficiario, nun despregable na esquina superior dereita da páxina.

Multimedia