Pestanas principais

Abre o prazo de preinscrición para o novo alumnado na Escola Municipal de Música de Ames

Luns, 13 setembro, 2021
A Escola Municipal de Música de Ames abre o prazo de preinscrición para o curso 2021-2022 do 13 ao 23 de setembro.

As persoas interesadas poden facelo cubrindo o seguinte modelo de solicitude. As solicitudes entregaranse, preferiblemente, a través da Sede Electrónica do Concello De Ames. A adxudicación de prazas será por sorteo o 27 de setembro ás 10.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro.

Darase de prazo ata o 4 de outubro para que os alumnos/as que obtiveron praza a confirmen; paguen o importe da matrícula. Para iso recibirán por correo electrónico a folla de autoliquidación da taxa da matrícula. Unha vez pagada, deberán entregar o xustificante do pagamento por correo-e a escolademusica@concellodeames.gal