Pestanas principais

Abre a inscrición para o obradoiro “Excelentes mulleres científicas”, para rapazada de 3º a 6º de primaria

Luns, 8 novembro, 2021
Aproveitando a celebración do Mes da Ciencia en Galego, as Bibliotecas de Ames programan o obradoiro “Excelentes mulleres científicas”, para nenos e nenas dende 3º a 6º de primaria, como parte das actividades da animación á lectura. O taller celebrarase no Milladoiro, o venres 19 de novembro ás 17:30 horas, e en Bertamiráns, o sábado 20 ás 11:00 horas.

O prazo de inscrición para ambas bibliotecas xa está aberto ata o 17 de novembro, contactando ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal, ou ben a través do teléfono indicado para cada centro: para a biblioteca do Milladoiro, o 981 53 08 07, mentres que no caso de Bertamiráns, o 981 88 48 29.

Multimedia