Pestanas principais

Abre a consulta pública o regulamento de títulos, honras e distincións do Concello de Ames

Martes, 23 agosto, 2022
En sesión plenaria do 28.07.2022 prestouse aprobación inicial ao Regulamento de Títulos, Honras e Distincións do Concello de Ames. Este acordo de aprobación inicial sométese a exposición pública mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ames, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no Portal de Transparencia, para que os/as interesados/as poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. O prazo de exposición pública é de 30 días hábiles de acordo co disposto no apartado b) do artigo 49 da Lei 7/85, do 2 de abril, das Bases do Réxime Local, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

Premendo neste enlace pode acceder ao anuncio da aprobación inicial ao Regulamento de Títulos, Honras e Distincións do Concello de Ames. As reclamacións poden enviarse ata o 26 de setembro ao enderezo secretaria@concellodeames.gal.

De non formularse reclamacións entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón inicial, sen necesidade de novo acordo plenario.