Pestanas principais

Abre a consulta pública a nova ordenanza da nova ordenanza fiscal reguladora da taxa pola instalación de postos nos mercados de venda ambulante

Venres, 5 agosto, 2022
De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía no procedemento de elaboración dunha nova redacción da ordenanza fiscal Nº 3.B.2 reguladora da taxa pola instalación de postos nos mercados de venda ambulante do Concello de Ames, procédese a efectuar, en cumprimento do decreto da Alcaldía 2430/2022, unha consulta pública a través da web municipal, co fin de saber a opinión dos suxeitos e das organizacións mais representativas potencialmente afectados pola futura ordenanza.

O prazo para participar é de 20 días hábiles dende o día seguinte á publicación da consulta na web municipal, polo que estará aberto do luns 8 de agosto ao luns 5 de setembro. A participación realizarase a través do enderezo secretaria@concellodeames.gal.