Pestanas principais

Aberto o prazo para solicitar as axudas de Familia Numerosa

xoves, 17 Xuño, 2021 a xoves, 15 Xullo, 2021
Dende o día 18 de xuño ata o xoves 15 de xullo, poderanse solicitar as axudas de Familia Numerosa.

Poderán optar a estas subvencións as unidades de convivencia que teñan fixada a súa residencia habitual no Concello de Ames, cun mínimo dun ano de antigüidade ininterrompido á data de formulación da solicitude, sempre que acrediten o cumprimento dos requisitos indicados nesta base. A antigüedade esixirase a todas aquelas persoas que figuren no título de familia numerosa.

Entenderase por unidade de convivencia o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas coa persoa solicitante por matrimonio ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal, por nacemento adopción ou acollemento.