Pestanas principais

Aberto o prazo para solicitar a actuación de grupos musicais nas festas populares

Martes, 7 febreiro, 2023
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa de que xa está aberto o prazo para solicitar a actuación dos grupos musicais do concello nas diversas festas populares. Pódese pedir a presenza de agrupacións de música e baile tradicional, corais e grupos profesionais. Os interesados en realizar a solicitude deben dirixirse ao Rexistro da Casa do Concello ou ben ás Oficinas Municipais do Milladoiro. Recórdase que no caso de solicitar a actuación de grupos profesionais, as asociacións ou comisións de festas deberán aportar parte da produción (escenario, xerador, cátering, camerinos, etcétera).

A efectos de coordinación na tramitación das concesións, establécense dous prazos de envío de solicitudes:

  • Para festas que se celebren ata o mes de agosto, a solicitude poderá facerse ata o 10 de marzo
  • Para festas que se celebren entre setembro e decembro, a solicitude poderá facerse ata o 30 de xuño

Non se garante a tramitación nin a concesión das actuacións máis alá da data sinalada, e recoméndase que se remitan ditas solicitudes o antes posible, tendo en conta os prazos indicados.

Para máis información sobre os grupos musicais pódese consultar o seu dossier, premendo nesta ligazón