Pestanas principais

Aberto o prazo para inscribirse nun novo obradoiro do programa [con]sentido, “Xoguetería erótica DIY”

Xoves, 21 outubro, 2021
“Xoguetería erótica DIY” é o novo obradoiro que ofrece a Concellaría de Mocidade de Ames dentro do programa de sexualidade positiva e saudable [con]sentido, sendo esta a penúltima actividade das oito do itinerario, que fora presentado o pasado mes de xullo. Terá lugar o sábado 30 de outubro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, de 10:00 a 13:00 horas. O taller está dirixido a persoas mozas a partir dos 14 anos, e conta cun aforo máximo de 15 participantes.

A inscrición xa está aberta, cumprimentando a ficha de inscrición anexa e enviándoa ao enderezo electrónico con.sentido@agasex.org.

Multimedia