Venres, 6 marzo, 2026
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e da Promoción da Saúde, informa de que está aberto o prazo para inscribirse na ruta da Ría da Estrela, que se vai a realizar o sábado 14 de marzo. Nesta andaina vaise a percorrer o primeiro tramo de dita ruta entre Muros e Esteiro. Para esta actividade ofértanse 50 prazas.
As persoas que estean interesadas en participar nesta andaina poden tramitar as inscrición a través deste formulario. Poderanse tramitar as inscrición ata o mércores, 11 de marzo, ás 14.00 horas. Ofrécese servizo de autobús con saída ás 8.30 horas dende a Casa da Cultura Milladoiro; e ás 9.00 horas dende a Casa da Concello Bertamiráns.





