Pestanas principais

Aberto o prazo de inscrición para participar no contacontos "Lobos e lobiños", na biblioteca do Milladoiro

Luns, 20 marzo, 2023
Dende hoxe, 20 de marzo, e ata o vindeiro sábado 25, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova actividade de animación á lectura para cativos e cativas na biblioteca do Milladoiro, "Lobos e lobiños". Trátase de tres sesións de contacontos, que se celebrarán os días 28, 29 e 30 de marzo, ás 17:30 horas, e que están dirixidas a crianzas de entre 3 e 8 anos. Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal, indicando nomes, apelidos, idades dos nenos/as e un teléfono de contacto. Tamén se pode chamar ao número 981 530 807.

Multimedia