Pestanas principais

Aberto o prazo de inscrición nas escolas infantís da rede Galiña Azul

xoves, 25 Marzo, 2021 a luns, 12 Abril, 2021
O Concello de Ames informa de que está aberto, até o día 12 de abril, o prazo de inscrición nas escolas infantís da rede Galiña Azul para o curso do 2021-2022. En Ames hai dous centros desta rede, un en Bertamiráns, no Camiño Paraxos, e outro no Milladoiro, na Rúa do Rego. O trámite poderase facer a través da sede electrónica da Xunta.

As solicitudes de novo ingreso presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado  dispoñible na sede electrónica de la Xunta de Galicia. Neste impreso de solicitude poderá solicitarse praza para máis duhna escola, indicando a orde de preferencia. Tamén se poderán presentar  presencialmente en calqueira dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Nesta ligazón atoparás o trámite publicado pola Consellería de Política Social.

Para máis información, podes entrar na páxina web da Rede de Escolas Infantís de Galicia A Galiña Azul.

As distintas resolucións que rixen o proceso de inscrición spublicáronse este martes, 23 de marzo, no DOG, tanto para escolas do Consorcio, como para centros da Axencia ou para persoal da Xunta.