Pestanas principais

Aberta a selección de participantes para o programa La Voz Kids

Venres, 17 marzo, 2023
Boomerang TV, a produtora do programa musical La Voz Kids, púxose en contacto co Concello de Ames para informar de que está a levar a cabo o proceso de selección de novos/as candidatos/as para participar na vindeira edición do talent show. Ao casting poden presentarse todos os/as nenos/as de entre 7 e 15 anos, cumpridos no ano 2023. As persoas interesadas deben contactar co programa a través do número de teléfono 629 96 27 35 ou do enderezo electrónico paula.lavozkids@boomerangtv.com.

A primeira fase do casting realizarase online, de maneira que os/as participantes deberán enviar un vídeo cantando. Todos/as os seleccionados/as dos distintos municipios de España serán citados/as posteriormente a unha proba presencial nas cidades de Madrid, Sevilla, Barcelona, Bilbao, Valencia, A Coruña ou Las Palmas de Gran Canaria.

Nas probas poden participar os/as nenos/as de entre 7 e 15 anos cumpridos no 2023, que canten todo tipo de estilos e modalidades, xa sexa como solistas ou de maneira grupal.

Ademais, dende a produtora indican que tamén son benvidas todas as propostas dos participantes adultos, que se poden encaixar no casting do programa La Voz para maiores de 18 anos.

Multimedia