Pestanas principais

Aberta a inscrición para o obradoiro "Decora o teu Nadal", para rapazada de 3º a 6º de primaria

Martes, 14 decembro, 2021
Co gallo das festas do Nadal, a programación de decembro das bibliotecas de Ames inclúe o obradoiro “Decora o teu Nadal”, pensado para que a cativada dende 3º a 6º de primaria elabore os seus propios adornos e decoracións de cara a estas festas. Os talleres terán lugar en Bertamiráns, o mércores 22 de decembro, e no Milladoiro, o xoves 23, ambos ás 11:30 horas.

As inscricións para ambas bibliotecas estarán abertas dende hoxe xoves 9 ata o sábado 18 de decembro, contactando ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal, ou ben a través do teléfono indicado para cada centro: para a biblioteca do Milladoiro, o 981 53 08 07, mentres que no caso de Bertamiráns, o 981 88 48 29.

Multimedia