Pestanas principais

Participación

A veciñanza de Ames pode participar na xestión municipal mediante os órganos de participación, os procesos de participación e exercendo os dereitos de participación que se recollen no Regulamento de participación cidadá aprobado polo Pleno en febreiro de 2019. Posteriormente, realizouse unha primeira modificación, aprobada inicialmente no Pleno do 30 de xaneiro de 2020, e sendo publicado o texto integro modificado, tras acadar aprobación definitiva, no BOP do 22 de xuño de 2020.