Pestanas principais

Intervención no Pleno Municipal

Os veciños e as veciñas individualmente, e/ou as entidades veciñais inscritas no rexistro municipal do Concello de Ames, poden intervir nas sesións do Pleno municipal (artigo 15 do Regulamento Orgánico de Participación Cidadá).

Procedemento para intervir no Pleno:

1. As entidades veciñais inscritas no rexistro municipal de entidades veciñais que desexen efectuar unha exposición ante o Pleno en relación a algún punto da orde do día, en cuxa tramitación interviñera como interesada ou nunha materia da cal se poida discrecionalmente estimar que teña interese específico, poderán solicitar dita intervención mediante solicitude por escrito dirixida á alcaldía.

A intervención terá que ser autorizada por parte da Alcaldía; realizarase a través dunha única persoa representante e terá unha duración máxima de 5 minutos, antes do debate e votación do asunto.

En todo caso, deberán cumprirse as seguintes regras:

  • a) O asunto sobre o que se interveña estará incluído na orde do día.
  • b) Deberá solicitarse por escrito, con rexistro de entrada, e cunha antelación mínima de 24 horas antes da celebración do Pleno.
  • c) O número máximo de asociacións que poderán por cada asunto incluído na orde do día intervir é de tres. Se existisen máis solicitudes, intervirán as tres primeiras presentadas, por cada asunto.
  • d) A Alcaldía poderá denegar a intervención de xeito motivado, concretamente se é un asunto sobre o cal o Concello non ten competencia, ou se xa foi presentado noutra sesión nun período de tres meses.

2. Unha vez finalizada a sesión plenaria, o público asistente, previa solicitude por escrito de palabra, poderá realizar rogos e preguntas dirixidas ao goberno sobre asuntos de interese municipal.

Estes rogos e preguntas contestaraos o alcalde ou alcaldesa, ou o concelleiro/a a quen lle corresponda.

A duración máxima desta quenda de rogos e preguntas será de 20 minutos e axustarase ás seguintes regras:

  • a) Os rogos e preguntas formularanse por escrito e por rexistro de entrada no Concello con 24 horas de antelación á celebración do pleno.
  • b) No escrito de solicitude farase constar o contido sobre o que se desexa rogar ou preguntar.
  • c) Cada persoa que interveña non poderá facer máis de dous rogos ou de dúas preguntas ou un rogo e unha pregunta. A duración máxima da intervención por cada rogo ou pregunta será de 2 minutos.
  • d) Primeiro formularase a totalidade dos rogos e das preguntas e despois contestaranse.
  • e) A contestación de cada rogo ou pregunta non excederá de 2 minutos e non haberá dereito a réplica.
  • f) As solicitudes trataranse por orde de rexistro de entrada.

Documentación a aportar:

Forma de iniciación:

  • A instancia de parte.

Normativa: