A Mámoa. Parroquia de Tapia
Esta área recreativa e fluvial ocupa unha extensión total de 15.000 metros cadrados. Nela podemos desenvolver diferentes actividades deportivas e de lecer. Aproveitando o leito do río Tambre acondicionouse unha zona de baño que se completa con áreas de céspede, merendeiro sen grellas, mesas e bancos de pedra, piscina para nenos e nenas, baños, vestiarios e aparcadoiro. Tamén se pode gozar da beleza da contorna realizando algún paseo. Outra alternativa é atreverse a baixar o río coa axuda do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, que ten aquí a súa sede e instalacións.
Outros datos:
Á beira do río consérvase un muíño vello que xa non funciona, pero que lle achega un encanto especial a este enclave privilexiado da comarca de Compostela.







