Pestanas principais

Casa de Gasamáns

Gasamáns. Parroquia de Agrón

Mais que unha casa en si, trátase dun conxunto rural formado por tres casas, un hórreo, e unha construción auxiliar denominada “pallote” que se utiliza como comedor para eventos especiais. O edificio principal ten unha antigüidade aproximada de 150 anos. En total dispón de catorce cuartos con baño, algúns adaptados para persoas con mobilidade reducida. Conta con sala con lareira, comedores, aparcamento, piscina, horta, xardíns, bicicletas e bambáns.


Outros datos:

Contacto: 981 881 504 - 639 611 894 - 620 605 717 - reservas@ruralsantiago.com - www.ruralsantiago.com