Pestanas principais

Tarxetas de transporte

TMG

  • É o medio de pagamento que permite aos cidadáns que a empreguen obter os descontos no prezo dos billetes que se abonan nos servizos de transporte público integrados no transporte metropolitano de Galicia.
    Trátase dunha tarxeta-moedeiro que se pode cargar cun mínimo de 5 Euros e un máximo de 180 Euros, non podendo facer unha recarga diaria superior a 60 Euros, e sempre con cantidades múltiplos de 5 Euros.
    Esta tarxeta non ten carácter persoal, polo que poderá ser utilizada indistintamente por calquera persoa. Os descontos por recorrencia non serán aplicables para cancelacións consecutivas (é dicir, se unha mesma viaxe é pagada coa tarxeta TMG para máis dunha persoa).
    É unha tarxeta sen contacto con importantes vantaxes para o usuario, tales coma a bonificación por recorrencia (no suposto de que se superen as 40 viaxes mensuais) e a bonificación do transbordo.
    Este medio de pagamento poderá ser adquirido nas oficinas das entidades financeiras adheridas ao Transporte Metropolitano de Galicia, na actualidade ABANCA.
    • Oficina ABANCA en Ames:
      • 317 -Bertamiráns
        • Avda. da Mahía, 68.
        • 15220 Bertamiráns-Ames
        • 981.883.128
      • 380 -Milladoiro
        • Avda. Rosalía de Castro, 16.
        • 15895 Milladoiro-Ames
        • 981.531.700

TMG Social

  • O Plan do Transporte Metropolitano de Galicia permite que distintos promotores interesados poidan aplicar bonificacións especiais aos colectivos que determinen.
    Deste xeito, na actualidade, Ames ten activadas estas axudas. Para poder beneficiarse das axudas é preciso estar empadroado no concello de Ames.
    Os colectivos bonificados son:
    • Persoas maiores de 65 anos, sen actividade laboral.
    • Persoas en situación de desemprego.
    • Persoas que acrediten unha discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %.
    • Aquelas persoas, residentes no concello no que se subscriba a política social, que a criterio dos Servizos Sociais do concello e atendendo a razóns de emerxencia social ou de precariedade persoal, puideran precisar destas axudas.

TMG Xente Nova

A TARXETA XENTE NOVA é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas. Ligazón.

  • Quén a pode utilizar?
    • Mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Cando cumpras 19  poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.
  • Cómo conseguila?
    • Solicita cita nesta páxina.
    • Para aceder á web é preciso dispor dun navegador Internet Explorer 9 ou superior, Firefox, Chrome, Safari ou Edge.
    • Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.
    • Unha vez alí, só necesitaremos o teu DNI. A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.
    • Hai que cargar a tarxeta antes de poder viaxar con ela.
  • Cómo recargala?
    • En todas as oficinas e caixeiros de Abanca.
    • En efectivo ou con tarxeta de dédito de Abanca. Con tarxetas de crédito ou doutras entidades poden existir comisións bancarias.
    • Banca Móbil e/ou Banca Electrónica de Abanca: podes recargala desde o móbil ou o ordenador, e introducila en calquera caixeiro Abanca para que a carga se faga efectiva.
    • Para recibir a túa bonificación só deberás introducir a tarxeta en calquera caixeiro Abanca e automaticamente recibirás o aboamento das viaxes realizadas.
    • Todas as viaxes interurbanas reembolsaranse cada 15 días, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.
    • Para recibir a túa bonificación só tes que introducir a túa tarxeta en calquera caixeiro de ABANCA e aceptar o reintegro. Automáticamenete recibirás o aboamento das viaxes realizadas.
    • O importe dos reembolsos cargaranse segundo a tarifa aplicada en cada momento.
    • Consulta de bonificacións