Actualidade

O Concello de Ames participa novamente na iniciativa “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. Dende a Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural convídase á veciñanza amesá a participar desta iniciativa, que se desenvolverá este domingo, 29 de setembro, a partir das 11:00 horas, facendo unha limpeza do rego do Ameneiral durante dúas horas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar esta ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza vén de presentar a programación de actividades para este outono. Ao longo dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro vai realizar diferentes actividades relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller castañas e cogomelos, rutas teatralizadas, avistamento de cometas, obradoiros para elaborar conservas de froitas e hortalizas, e maila cuarta edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organiza para o sábado, 28 de setembro, o obradoiro denominado “Doce outono adultos, cosmética con mel de Galicia”. Nesta actividade farase unha breve introdución teórica dos recursos aproveitables da colmea, elaboración de tintura de própole, xabón de glicerina con mel, crema corporal con mel, etc. Para participar nesta actividade é precisa inscrición previa. As persoas interesadas deben enviar o formulario de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal, indicando a actividade na que se quere participar. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organiza este outono as xornadas “Arredor dos castiñeiros”, que se desenvolverán nos meses de setembro, outubro e novembro. Serán catro sesións centradas nos castiñeiros que contarán con charlas, obradoiros participativos e visitas a empresas de transformación de castaña. Para participar nas distintas actividades é precisa inscrición previa. As persoas interesadas deben enviar o formulario de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal, indicando a actividade na que se quere participar. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.

A Aula da Natureza inaugura a súa programación de actividades para este outono cun obradoiro de marmelos e confituras. Será o sábado 21 de setembro, de 11:00 a 18:00 horas, nas instalacións da Aula, no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia da Ameixenda. Deste xeito, para esta fin de semana organízase un obradoiro para aprender a elaborar doce de mazá e confitura de moras dirixido a nenos e nenas entre 6 e 14 anos. Máis adiante, organizarase un obradoiro similar para adultos. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto ata o venres 20 de setembro, ás 14.00 horas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Proximamente presentarase a programación completa da Aula da Natureza para o último trimestre do ano.

O Concello de Ames e o colectivo A Rula organizan o sábado, 24 de agosto, a quinta edición da ruta nocturna circular aos petróglifos de Monte Castelo e da Peneda Negra. Comezará ás 21:00 horas dende o miradoiro do bosque do Peregrino, en Ventosa. Haberá servizo de autobús, que pasará ás 21:00 horas pola Casa da Cultura do Milladoiro, e ás 21:15 horas polo Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A visita rematará ás 23:30 horas. Ao remate haberá servizo de autobús de regreso, que volverá polos lugares onde colleu aos participantes. Para participar nesta saída hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 25 prazas.

Dentro da programación estival municipal, a Aula da Natureza organiza Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía que a semana pasada tivo lugar no alto de san Marcos. Desta volta, esta xornada chega aos principais núcleos urbanos do concello: o venres 16 de agosto desenvolverase no Milladoiro, e o sábado 17 en Bertamiráns. En ambas localidades terá lugar entre as 21:30 horas e as 00:00. As prazas son limitadas, polo que para participar é necesario inscrición previa. Podedes anotarvos mandando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal.

Dentro da programación estival municipal, a Aula da Natureza organizou o pasado sábado 10 de agosto a Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía dende o alto de san Marcos. A actividade, dirixida a todos os públicos, foi un éxito de participación.

Dentro da programación estival municipal, a Aula da Natureza organiza Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía dende o alto de san Marcos. A actividade, dirixida a todos os públicos, desenvolverase o sábado 10 de agosto entre as 21:30 horas e as 00:00. As prazas son limitadas, polo que para participar é necesaria inscrición previa. Podedes anotarvos mandando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal.

Un ano máis, a Aula da Natureza ofreceu aos nenos e nenas de Ames unha alternativa para desfrutar das vacacións de verán a través de campamentos na natureza. Neles 60 rapaces e rapazas desfrutaron de diversos obradoiros de eido ambiental e de saídas para descubrir as posibilidades que ofrece a natureza. Así mesmo, organizáronse diversas xornadas lúdicas.
- ‹ anterior
- 8 de 29
- seguinte ›




