Actualidade

As nenas e nenos usuarias da Rede municipal de comedores escolares xantaron hoxe hamburguesa con patacas fritas, un menú elixido previamente nas elección feitas días atrás. Nesta ocasión, por terceiro ano consecutivo, impúxose a hamburguesa. O primeiro prato, puré de verduras, foi escollido pola nutricionista municipal. A sobremesa, que tamén a elixiu o alumnado, foi o xeado artesán de vainilla. Este foi o décimo noveno ano no que se celebraron estas peculiares eleccións nos comedores escolares.

O CEIP de Barouta organiza para este venres, 21 de xuño, a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.

O Concello de Ames, a través do seu alcalde, Blas García, vén de enviarlle unha carta ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, e ao Director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, para solicitar información sobre o estado do expediente de contratación do novo CEIP do Milladoiro.

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Xuventude, abre un novo prazo de matrícula para o programa de campamentos municipais de verán 2024. Unha vez rematado o prazo de matriculación nos campamentos de infantil e primaria, ábrese un período de matrícula extraordinario entre o 11 e o 20 de xuño para ocupar aquelas prazas que quedaron vacantes. A documentación presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). Preme nesta ligazón para descargar o impreso de matrícula.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2023-2024). O prazo de presentación de solicitudes empezou o 31 de maio, e remata o 1 de xullo de 2024 (30 días naturais a contar desde o día seguinte ao anuncio de convocatoria no BOP). A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo nas ligazóns que están ao pé desta nova poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.

Un grupo de 30 persoas, 27 alumnos/as e 3 profesores/as, do IES Xulián Magariños, de Negreira, visitaron esta mañá as instalacións do espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, para coñecer a experiencia laboral de varios/as coworkers. Parte do alumnado está cursando o primeiro curso do ciclo medio de Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes, mentres que outra parte cursa o primeiro curso do ciclo medio de Administración de Sistemas Informáticos en Rede.

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Xuventude, abre o prazo de matrícula para o programa de campamentos municipais de verán 2024. As familias dos nenos/as e mozos/as que dispoñen de praza poden facer a matrícula dende hoxe, día 22, ata o 31 de maio. A documentación presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). Preme nesta ligazón para descargar o impreso de matrícula.

O Concello de Ames mantén o normal funcionamento dos servizos de conciliación baixo supervisión da Consellería de Sanidade. Así se acordou na reunión que tivo lugar o día de hoxe ás 11.00 da mañá. Esta aconteceu despois da revisión dos protocolos de actuación nas instalacións nas que se presta o servizo de conciliación (comedores do CEIP Agro do Muíño e CEP Ventín e cociñas do CEIP Agro do Muíño).

O CEIP de Barouta e as familias de sexto de Educación Primaria organizan para o sábado, 25 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, obradoiros, un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de primaria.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 2 de maio de 2024 as bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades realizadas polas ANPAS dos centros educativos amesáns ao longo do exercicio 2024. A contía máxima desta liña de axudas ascende a 20.000 euros. As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse ata o 10 de xuño. O importe individual das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria non poderá superar o 80% do proxecto subvencionable nin o límite máximo establecido segundo a categoría que corresponda ao centro ao que pertence a ANPA. Premendo nesta ligazón pódense consultar as bases desta liña de axudas.
- ‹ anterior
- 10 de 31
- seguinte ›




