Actualidade

Ex., 13-08-2026
Ex., 13-08-2026
Martes, 20 de febreiro de 2024
Ana Valín presenta a súa última obra “La muerte de Alicia”

A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 22 de febreiro, coa presentación do poemario “La muerte de Alicia”, de Ana Valín. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 19:30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo.

Luns, 19 de febreiro de 2024
Contacontos en febreiro na biblioteca de Bertamiráns

Este martes, 20 de febreiro, continúan as sesións de contacontos organizadas polo departamento municipal de Bibliotecas. Orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, estas propostas de animación á lectura estanse a desenvolver tanto na biblioteca de Bertamiráns como na do Milladoiro.

Martes, 06 de febreiro de 2024
 Tuco Cerviño presenta a súa primeira novela “Un taxi verde e un concerto” dentro do programa Encontros Literarios

A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 8 de febreiro, coa presentación da novela “Un taxi verde e un concerto”,  de Tuco Cerviño. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Tamén asistirá o párroco de Ames, José María Ripoll. A entrada será libre ata completar aforo.

Luns, 05 de febreiro de 2024
Esta semana volven as sesións de contacontos para os máis pequenos nas bibliotecas municipais

Mañá martes, 6 de febreiro, comezan as sesións de contacontos organizadas polo departamento de Bibliotecas do Concello de Ames. Estas propostas de animación á lectura entre o público infantil están orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, e vanse desenvolver tanto na biblioteca de Bertamiráns como na do Milladoiro.

Martes, 30 de xaneiro de 2024
Volven as sesións de contacontos para os máis pequenos ás bibliotecas municipais

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, presenta catro novas propostas de animación á lectura entre o público infantil para o primeiro semestre deste ano 2024. As sesións de contacontos están orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos e desenvolveranse, como ven sendo habitual, tanto na biblioteca de Bertamiráns como na do Milladoiro.

Martes, 12 de decembro de 2023
Carlos Negro presenta o seu último libro “O tempo dos lagartos” dentro do programa Encontros Literarios

A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 14 de decembro, coa presentación do libro “O tempo dos lagartos” do escritor Carlos Negro. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Á presentación tamén asistirán a ilustradora do libro, Raquel Senra, e a profesora e música Xiana Lastra. A entrada será libre ata completar aforo.

Martes, 07 de novembro de 2023
Cartaz dos Encontros literarios

Coincidindo co inicio de novembro bota a andar unha nova edición do programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames, dependente da Concellaría de Cultura. Arrincan este xoves, 9 de novembro, coa presentación da obra “Pecados veniais” da xornalista e escritora amesá, Nazaret López. O acto estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García. Será ás 19.30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A autora estará acompañada  de Xosé Antonio López Silva, profesor, ensaísta e critico literario. A ambientación musical correrá a cargo de Javier María López. Esta é a segunda obra escrita por Nazaret López, despois de publicar en 2019, a novela “Formigas nos pés”. A entrada será libre ata completar aforo.

Martes, 06 de xuño de 2023
Cartaz do Encontro literario do xoves 8

O xoves, 8 de xuño, terá lugar un novo encontro literario, organizado polo departamento de bibliotecas do Concello de Ames, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Desta volta, a protagonista será Anisia Miranda, autora do libro “Mitos e lendas da vella Grecia”, publicado en 1966 e reeditado pola editorial Galaxia. Sobre a obra e a autora falarán Fernando Redondo Neira, xornalista, docente e presidente da Fundación Xosé Neira Vilas; e Xosé Antonio López Silva, crítico, autor e experto en cultura clásica.

Sábado, 03 de xuño de 2023
Cartaz dos contacontos en inglés

O mércores 7 de xuño terá lugar na biblioteca do Milladoiro unha sesión de contacontos en inglés na biblioteca do Milladoiro, ás 17:30 horas. Non é necesaria inscrición previa. 

Luns, 22 de maio de 2023
Cartaz do encontro literario con Marta Estévez

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza para este xoves, 25 de maio, un novo encontro literario no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. Desta volta, a autora protagonista será Marta Estévez, que presentará a súa primeira novela publicada, “El secreto de las hermanas Asorey”, de Plaza & Janes Editores. Estévez estará acompañada pola tamén escritora e xornalista Andrea Barreira Freije e pola concelleira de Cultura, Natividade González.