- Tematica
Distrito 13 17 continúa con actividades para os mozos e mozas de Ames neste mes de novembro. A primeira actividade proposta para este mes é a Velada Enxeño este sábado 7 de novembro, unha velada para poñer a proba o enxeño dos participantes, que terá lugar no Anexo ao Pavillón do Milladoiro. Por outra banda, o venres 20 de novembro terá lugar a Ruleta da Igualdade no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, unha actividade na que se aprenderá sobre igualdade dun xeito divertido e dinámico. Ambas actividades se desenvolverán de 19.00 a 21.00 horas. Podes anotarte na seguinte ligazón. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón.
O mes de novembro chega con dúas novas propostas de actividades para a mocidade amesá, da man do programa Distrito 13 17, organizado pola Concellaría de Mocidade do Concello de Ames. Nesta ocasión desenvolveranse dúas actividades, unha Velada do Enxeño o venres 7 de novembro para estimular o enxeño, as habilidades e a creatividade da mocidade, e unha Ruleta da Igualdade o día 20 de novembro pensada para concienciar e achegar conceptos sobre igualdade aos mozos e mozas, dun xeito divertido, ameno e lúdico, co fin de favorecer a aprendizaxe e a reflexión entre a xuventude acerca dun tema tan importante para a sociedade.
Velada do Enxeño
Este venres 7 de novembro chega ao Milladoiro a Velada do Enxeño, na que os participantes terán que poñer a cabeza a funcionar. Será un encontro cheo de actividades e retos que poñerán a proba o enxeño dos participantes, que terán que demostrar as súas habilidades. Trátase da oportunidade perfecta para traballar en equipo, explorar a creatividade, estimular as capacidades cognitivas e as relacións sociais da mocidade sobre todo, para pasalo en grande mentres se aprende.
Ao longo da sesión, as persoas asistentes poderán participar en diferentes desafíos que requirirán atención, creatividade, capacidade de razoamento e habilidade para atopar solucións. As dinámicas estarán orientadas a fomentar a participación activa, a colaboración entre iguais e a superación dos retos nun ambiente distendido e lúdico.
A actividade terá lugar no Anexo ao Pavillón do Milladoiro, entre as 19.00 e as 21.00 horas.
Distrito 13 17
O Club Xuvenil de Ames Distrito 13 17,é un espazo pensado para a xente nova de 13 a 17 anos (nados entre 2013 e 2008) con ganas de pasalo ben, coñecer xente, crear, participar e facer cousas diferentes. Este proxecto de lecer busca dinamizar e promover a participación da xuventude a través dunha batería de actividades lúdicas e formativas de diversa temática.
Inscricións
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través deste formulario dixital ou a través do código QR do cartel. A data límite para inscribirse será, coma sempre, o xoves previo á actividade. Para calquera dúbida, podes contactar con Anacos Educativos, a través do enderezo de correo electrónico info@anacoseducativos.com ou chamando ao número de teléfono 694 216 484.






