Pestanas principais

A Corporación amesá visita a rodaxe da película Camino a Santiago na praza Manuel Murguía do Milladoiro

Martes, 27 de outubro de 2026

O alcalde de Ames, Blas Garcia, acompañado por membros do Goberno municipal e da Corporación municipal, visitou hoxe a rodaxe da película Camino a Santiago, que se está a desenvolver na praza Manuel Murguía do Milladoiro. Trátase dunha coprodución hispano-peruana que ten o Camiño de Santiago como protagonista.

A produción, unha coprodución hispano-peruana dirixida polo realizador Jesús Álvarez Betancourt e producida por Carlos Sánchez De La Puente, ten como fío condutor o Camiño de Santiago, nunha historia que aborda cuestións como o amor, a superación persoal, a nostalxia e as segundas oportunidades.

O filme conta cun elenco artístico integrado por intérpretes de recoñecida traxectoria, como Gianella Neyra, Rebeca Escribens, Gonzalo Ramos e Jesús Castro. A rodaxe en Ames sitúa o concello, e nomeadamente O Milladoiro, como escenario desta produción audiovisual vinculada ao Camiño de Santiago.

Durante a visita, o alcalde e os representantes municipais puideron coñecer de primeira man o desenvolvemento dos traballos de gravación e o labor do equipo técnico e artístico que participa no proxecto.

A presenza desta produción no municipio supón unha oportunidade para dar visibilidade a Ames e aos seus espazos, así como para contribuír á promoción do concello como localización de interese para o sector audiovisual. Ademais, a vinculación da película co Camiño de Santiago pon en valor a relevancia histórica, cultural e paisaxística desta ruta, que continúa a inspirar historias e proxectos creativos.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "O Milladoiro se convierte en escenario de rodaje de la película "Camino a Santiago"

Diario de Santiago: "A Corporación amesá visita a rodaxe da película Camino a Santiago na praza Manuel Murguía do Milladoiro"

A Corporación amesá visita a rodaxe da película Camino a Santiago na praza Manuel Murguía do Milladoiro

Multimedia

  • A Corporación amesá visita a rodaxe da película Camino a Santiago na praza Manuel Murguía do Milladoiro