Do panal ao tarro. Descubrindo o mundo do mel. Esta é a nova actividade que se vai a realizar este sábado, 17 de outubro, no mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, localizado na praza da Maía, en Bertamiráns.
A actividade é de balde e realizarase a partir das 11.30 horas. Será impartida por Lidia e Miguel, que explicarán de onde vén o mel, porque hai meles diferentes, que son os opérculos, como se extrae e porque cristaliza. Os/as veciños/as que participen nesta actividade poderán participar nunha degustación de mel.
Desde o Concello de Ames anímase á veciñanza a participar nesta actividade, que é a primeira dunha ampla programación de actividades, que se van a desenvolver durante os vindeiros meses no mercado de horta e artesanía de Ames, que se celebra todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas.





