- Tipo
- Tematica
O programa de Baile para Maiores, unha iniciativa organizada polo departamento de Benestar Social do Concello de Ames. As sesións desenvolveranse o segundo domingo de cada mes, de 18.30 a 21.30h, na Casa da Cultura de Bertamiráns; e o último domingo de cada mes no Local de JUPEMI, no Milladoiro, de 18.00 a 21.00 horas. A música e a posibilidade de pasar unha tarde entretida son os principais reclamos desta actividade na que ademais os participantes coñecen a outras persoas nun ambiente festivo e distendido.
O domingo 10 de xaneiro celebrarase o baile a cargo do Dúo Matices, nun encontro no que haberá música en directo e a posibilidade de pasar unha tarde entretida adicada á poboación da terceira idade de Ames, onde poden aproveitar para socializar e pasar un bo momento en común coa veciñanza.
As¡ sesión de baile celebrarase na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 18.30 a 21.30 horas.





