- Tipo
- Tematica
Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. Do 22 ao 25 de outubro haberá maxia para bebés, nenos e nenas, persoas adultas e maiores nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. As entradas poderanse adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Os obradoiros de maxia correrán ao cargo de Samuel Moreno, que chega de Pontevedra, para ensinar os primeiros trucos de maxia. Cada sesión contará con 12 participantes por grupo, de entre 8 e 14 anos.
As quendas no Milladoiro serán o sábado 24 de outubro, unha ás 11.00 horas e outra ás 12.00 horas na Casa da Cultura. No caso de Bertamiráns, poderase desfrutar deste obradoiro o domingo 25 de outubro, ás 11.00 e ás 12.00 horas, tamén na Casa da Cultura.
Para poder participar nestes obradoiros será preciso inscribirse a través do enderezo de correo cultura@concellodeames.gal. Hai que enviar nome, apelidos e un número de teléfono de contacto.





