Pestanas principais

O fotógrafo Toño Villar acumula tres nomeamentos aos Premios Nacionais Quijote de Fotografía

Domingo, 27 de setembro de 2026

O fotógrafo Toño Villar, con estudio en Bertamiráns, vén de conseguir recentemente tres nomeamentos nos Premios Nacionais Quijote de Fotografía, organizados por AFOCAM, a Asociación de Fotógrafos Profesionais de Castela A Mancha. Dúas das obras seleccionadas compiten na categoría de Paisaxe e Natureza, mentres que a terceira foi nomeada en Reportaxe Gráfica, demostrando as distintas variantes do traballo do fotógrafo.

Logo de acadar a Mención de Honra na última edición dos International Photography Awards (IPA), un dos certames de fotografía máis importantes e competitivos do panorama fotográfico global, o fotógrafo afincado en Ames, Toño Villar, vén de ser nomeado ata en tres ocasións nos Premios Nacionais Quijote de Fotografía, organizados pola Asociación de Fotógrafos Profesionais de Castela A Mancha. 

Dúas das obras seleccionadas compiten na categoría de Paisaxe e Natureza, mentres que a terceira faino en Reportaxe Gráfica. Malia que boa parte da súa actividade profesional está vencellada á fotografía de voda e retrato, Villar mantén desde fai anos unha produción persoal ligada a estas temáticas, particularmente á fotografía documental.

Deste xeito, estes tres nomeamentos aos Premios Quijote supoñen un novo paso dentro dunha traxectoria que nos últimos anos foi combinando o traballo profesional realizado desde o seu estudio en Bertamiráns cunha produción fotográfica persoal cada vez máis presente en concursos e certames nacionais e internacionais. 

Sobre o fotógrafo
Toño Villar naceu en Noia, mais reside en Teo e ten o seu estudo fotográfico en Bertamiráns. O fotógrafo conta con máis de 15 anos de traxectoria nesta arte e está especializado en fotografía de voda e documental. O seu traballo caracterízase pola naturalidade, o uso da cor e unha narrativa visual particular.

Dita obra recibiu recoñecementos en certames nacionais e internacionais, entre eles o premio da revista LuxLife de fotografía de voda no 2020, unha Medalla de Bronce e unha Mención de Honra nos Tokyo International Foto Awards 2025, unha Mención de Honra nos Internacional Photography Awards 2026, unha medalla de bronce nos Sony AFPV e dúas obras distinguidas como Colección de Honra. 

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "El estudio de Toño Villar en Bertamiráns suma tres nominaciones en los prestigiosos Premios Nacionales Quijote"

O fotógrafo Toño Villar acumula tres nomeamentos aos Premios Nacionais Quijote de Fotografía

Multimedia

  • O fotógrafo Toño Villar acumula tres nomeamentos aos Premios Nacionais Quijote de Fotografía
  • O fotógrafo Toño Villar acumula tres nomeamentos aos Premios Nacionais Quijote de Fotografía
  • O fotógrafo Toño Villar acumula tres nomeamentos aos Premios Nacionais Quijote de Fotografía