- Tematica
A patinadora Aroha Traba Castiñeiras, que pertence ao Club de Patinaxe Artística Omega, participou a pasada fin de semana (o venres 18 e mailo sábado 19 de setembro) no campionato de España de categoría infantil na localidade catalá de Ripollet. Aroha Traba conseguiu esta temporada a quinta posición no Campionato Provincial e Galego, na modalidade libre, e dita praza deulle acceso ao Campionato de España.
O pavillón Joan Creus, situado en Ripollet (Barcelona), acolleu durante a pasada fin de semana, os días 17, 18 e 19 de setembro, o Campionato de España alevín e infantil de patinaxe artístico. En dito campionato participou unha patinadora do club amesán de patinaxe artística Omega. Trátase de Aroha Traba Castiñeiras, que conseguiu esta temporada a quinta posición no Campionato Provincial e Galego, na modalidade libre, e dita praza deulle acceso ao Campionato de España.
O xoves 17 participou na sesión de adestramentos oficiais, o venres pola mañá tivo un primeiro contacto coa pista do pavillón, para despois pola tarde participar na competición. Aroha participou en disco curto cunha coreografía de A Bamba, na que predominaron os ritmos latinos. Segundo apuntan dende o club o nivel da competición foi moi alto. Aroha a pesar de realizar unha gran actuación só puido quedar no posto número 25. Aínda así o máis importante para ela foi poder gozar desta oportunidade e a experiencia acadada neste campionato nacional.
Dende o Club de Patinaxe Artística Omega móstranse moi satisfeitos pola experiencia que supón participar no Campionato de España e destacan o gran traballo de Aroha durante toda a temporada. “Estamos moi orgullosos do seu traballo diario e, sobre todo, de como afrontou cada un dos obstáculos que se foron poñendo no seu camiño. Unha lesión e momentos complicados que non conseguiron apartala do seu obxectivo. Se algo demostrou esta tempada foi que a forza tamén está en saber levantarse e seguir”.







