- Tematica
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar este pasado xoves, 10 de setembro, o expediente de contratación das obras de pavimentación dos viarios de acceso ao lugar de Leboráns, situado na parroquia de Trasmonte. O orzamento base de licitación ascende a 43.128,84 euros (IVE incluído). Este proxecto, que se sufraga con cargo ao POS+ 2026, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das vías e infraestruturas municipais. As obras contempladas neste proxecto están encamiñadas a reparar e acondicionar os viarios que dan acceso a aldea de Leboráns desde a AC-544 e que discorren pola aldea de O Portanxil.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos urbanos. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras de pavimentación dos viarios de acceso ao lugar de Leboráns, situado na parroquia de Trasmonte. O orzamento base de licitación ascende a 43.128,84 euros (IVE incluído). Este proxecto está sufragado con cargo ao POS principal de 2026.
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “xa estamos aprobando a licitación de varios proxectos incluídos no POS+ 2026, que foi aprobado en pleno no pasado mes de febreiro. Primeiro aprobouse o proxecto de mellora e acondicionamento do parque de Pardiñeiros, situado na localidade do Milladoiro, e agora tócalle ás obras que se van executar en Trasmonte, para mellorar os viarios que discorren pola aldea de O Portanxil e dan acceso ao lugar de Leboráns”.
Características do proxecto
O proxecto vaise a executar en dous treitos de 255x6,00 e 310x4,00 metros, así como 150 metros de sobreanchos. Deste xeito, contémplase a mellora da capa de rodaxe dos viarios de acceso a Leboráns, mediante a extensión dunha capa de 5 centímetros de aglomerado en quente, previa reparación de fochas e mordentes con grava con tratamento asfáltico semiprofundo.
Tamén se van realizar obras de pintado das marcas viarias e maila limpeza de gabias para a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal dos viarios municipais.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "Ames licita el 'planchado' y renovación de los viarios en la aldea de Leboráns"











