Pestanas principais

A primeira Xincana Xente Nova XEA promove o comercio e a hostalería local na xuventude amesá e reparte 1.200 euros en premios

Martes, 08 de setembro de 2026

O Concello de Ames colaborou coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) na organización da primeira Xincana Xente Nova XEA. Tratouse dunha iniciativa pioneira dirixida á mocidade que combinou lecer, participación e dinamización do comercio, da hostalaría locais de Ames. Esta actividade estivo dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, que participaron formando peñas de entre 6 e 10 integrantes. A peña 8 de copas fíxose co primeiro premio, dotado con 600 euros; seguido de Birramiráns e Sabaneras, que foron segundo e terceiro e recibiron de premio 300 e 200 euros, respectivamente. Pola súa participación, as peñas Paleros e Peñita Definitiva recibiron tamén un premio de 50 euros cada unha.

A Asociación de Empresarios de Ames (XEA), en colaboración co Concello de Ames,  celebrou con gran éxito a primeira Xincana Xente Nova XEA, unha iniciativa que combinou diversión, promoción do comercio e a hostalería local e dinamización da vida social da xente nova.

Un total de cinco peñas participaron nesta primeira edición, que contou cunha moi boa acollida e permitiu aos participantes gozar dunha tarde diferente, marcada polo xogo, a habilidade, a competición e, sobre todo, polo compañeirismo.

A xincana desenvolveuse en dúas partes. Na primeira, os cinco equipos tiveron que percorrer diferentes establecementos comerciais da localidade para superar diversas probas. En Tomate Más Fruta realizaron a proba de “O peso xusto”; en Librería Máinomen tiveron que atopar o título dun libro; en Imperfect responderon a un trivial sobre XEA; en Tecidos Tolemia debían calcular canto medía un retal; en Kotî tiñan que localizar un obxecto no escaparate; e en Onde Keiras superaron unha proba de habilidade consistente en introducir palliñas coa boca nunha botella.

Os cinco equipos completaron este percorrido nunha hora, nunha primeira parte na que, ademais de competir, puideron coñecer e descubrir diferentes comercios da localidade.

Probas de habilidade e destreza
A continuación chegou a segunda parte da xincana, composta por diferentes probas de habilidade e destreza, nas que os participantes tiveron que superar retos con auga, percorridos sobre táboas e ovos, conseguir achegar unha galleta á boca sen empregar as mans e probas con corda, entre outras actividades.

Ademais desta xincana, as peñas participantes presentaron cadanseu reel promoción do comercio local en Instagram, que formaba parte da nota final e que foi decisivo para determinar o terceiro e cuarto posto. O xurado desta parte estivo composto por socios de XEA: unha empresa de marketing MK20 Agencia de Marketing, outra de comunicación Redeslla Comunicación e outra de grafismo La Rayuela. Valorouse o alcance, a creatividade na idea e na presentación, a produción e o número de socios e socias incluídos na peza audiovisual.

A xornada rematou coa entrega de premios e música a cargo de DJ Son1c, poñendo o broche final a unha tarde na que a diversión foi a gran protagonista.

Peñas premiadas
No apartado de premios, a peña 8 de copas proclamouse gañadora e levou os 600 euros do primeiro premio. O segundo posto foi para Birramiráns, que recibiu 300 euros, mentres que Sabaneras acadou a terceira posición, cun premio de 200 euros. Pola súa participación, as peñas Paleros e Peñita Definitiva recibiron tamén un premio de 50 euros cada unha. Todo este diñeiro en forma de bonos, que poderán trocar nos establecementos socios de XEA.

A actividade contou coa participación de Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica e Comercio, e de Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, que foi o encargado de dar a saída oficial á xincana e recoñeceu o labor de XEA por esta iniciativa pensada para a xuventude. O alcalde de Ames, Blas García, foi un dos encargados da entrega de premios xunto coa directiva de XEA.

A concelleira de Promoción Económica e Comercio, Ana Belén Paz, destaca “a importancia de organizar iniciativas deste tipo porque serven para implicar á mocidade na vida económica e social do municipio, promovendo un consumo de proximidade, fomentando o coñecemento do tecido empresarial local e fortalecendo o vínculo entre as novas xeracións e os negocios de Ames”. 

O presidente de XEA, Ramón Cordido, destacou o éxito desta primeira edición e sinalou que a iniciativa naceu co obxectivo de “dinamizar a vida social da xente nova e, ao mesmo tempo, achegala ao comercio e á hostalería local”. Ademais, Cordido valorou especialmente o ambiente vivido durante toda a tarde e o feito de que os participantes puidesen “coñecer o comercio local desde unha perspectiva diferente”, ao tempo que se fomentaban as relacións entre as distintas peñas.
 
Desde XEA consideran que o éxito desta primeira Xincana Xente Nova anima a asociación a dar continuidade á iniciativa e seguir creando actividades que combinen o apoio ao comercio e á hostalería local coa dinamización da vida social e o lecer da xente nova de Ames.

A primeira Xincana Xente Nova XEA promove o comercio e a hostalería local na xuventude amesá e reparte 1.200 euros en premios

Multimedia

  • A primeira Xincana Xente Nova XEA promove o comercio e a hostalería local na xuventude amesá e reparte 1.200 euros en premios