-Nivel 3, vermello: interior de Pontevedra.
-Nivel 2, laranxa: centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense.
Segundo Meteogalicia, Galicia quedará ata o próximo sábado, 5 de setembro, baixo a influencia dun anticiclón que se localizará no norte da península Ibérica. Desde esa posición achegará estabilidade, deixando ceos despexados e aproximará aire cálido de orixe norteafricano o que ocasionará un importante incremento nas temperaturas diúrnas.
Os valores máis elevados espéranse durante as tardes do xoves e do venres. O sábado aínda será un día caloroso, pero probablemente con nubes e algunhas tormentas no interior que farían descender lixeiramente as temperaturas e estes valores tenderían xa a normalizarse o domingo.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor. Ante calquera emerxencia chame ao 112.
No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, pódese chamar ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consultar a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es.





