- Tematica
Velostar Sucal Escola de Ciclismo, en colaboración co Concello de Ames, organiza desde o 2 ata o 16 de setembro unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer esta escola que traballa con categorías escolares (de 4 a 16 anos). Ditas xornadas realizaranse na pista de rodadura executada no antigo campo de fútbol de Ortoño. Estas xornadas servirán para que os rapaces e rapazas proben e coñezan esta escola. Os adestramentos son os luns, mércores e venres de 18.00 a 19.00 horas e de 19.00 a 20.30 horas. Ofrécense tres días e dous horarios distintos en función do nivel e idade dos rapaces e rapazas. O prazo de matrícula para formar parte desta escola está aberto.
Por segundo ano a Escola de Ciclismo Velostar Sucal ofrece xornadas de portas abertas para que todos os nenos e nenas de 4 a 16 anos que estean interesados poidan probar e iniciarse nesta modalidade deportiva. Ditas xornadas celebraranse do 2 ao 16 de setembro na pista de rodadura de Ortoño, que está situada no antigo campo de fútbol da parroquia.
As xornadas desenvolverase os luns, mércores e venres, en horario de 18.00 a 19.00 e de 19.00 a 20.30 horas. Ofrécense tres días e dous horarios distintos en función do nivel e idade dos rapaces e rapazas. O prazo de matrícula para formar parte desta escola está aberto.
Haberá un circuíto con xincanas para mostrar a habilidade dos rapaces coa bicicleta. Recoméndase que na medida do posible, as persoas que poidan, leven a súa propia bicicleta e casco para aproveitar ao máximo a xornada. O club porá material a disposición das persoas que acudan.
Dende o Velostar Sucal Escola de Ciclismo explican que estas xornadas de portas abertas celébranse co obxectivo de atraer a ciclistas en idade de formación (categorías escolares), que queiran unirse ao club e queiran divertirse practicando ciclismo. Esta xornada servirá para que os rapaces e rapazas proben e coñezan esta escola.
Formación de rapaces en categoría escolar
Velostar Sucal é unha escola que traballa con categorías escolares con rapaces e rapazas desde 4-5 anos ata a categoría de cadetes (16 anos). Desde dito club animan á familias de Ames coñezan as súas actividades e se involucren co ciclismo.
As familias (pais, nais e nenos/as) que estean interesadas poderán falar co director deportivo do club, Martín Bouzas, que lles explicará os métodos de traballo e os plans para esta tempada que comeza en outubro. Martín Bouzas foi profesional no equipo Kern Pharma. A maiores incorporouse ao club Juan Bautista Torrado, que forma parte do corpo técnico. Juan Bautista está especializado en rendemento e acondicionamento físico con Licencia Nivel 3 Nacional.





