- Tipo
- Tematica
Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. O programa comeza o mércores, 2 de setembro, na Carballeira dos Trasnos de Ventín, coas “Brincadeiras miúdas”, de Miudiño e Cé Orquestra Pantasma.
Deste xeito, o programa inclúe a artistas e compañías como Paco Nogueiras, Migallas Teatro, Cris de Caldas, Miguel Froján, Raquel Queizás, Brais das Hortas, Iseo a Moura, Fundación Legar, A Cova das Letras, Sonsoles Penadique, Chechu Riquelme e A Banda da Montaña. Todos e todas elas ofreceranlles ás familias moitas risas, música, baile e moitas aprendizaxes e experiencias novas a través dunha crianza positiva en galego.
Contos con miga será unha sesión de contos e cancións a cargo de Carlos Yus que divirten e fan pensar sobre cuestións como a solidariedade, o consumismo, os xogos e a lingua.





