Pestanas principais

A Escola de Karate Dokkodo oferta xornadas de portas abertas neste inicio da tempada 2026-2027

Martes, 25 de agosto de 2026

A escola amesá de karate Dokkodo inicia a partir deste vindeiro mes de setembro unha nova tempada deportiva con xornadas de portas abertas, que se desenvolverán en Bertamiráns. Os participantes poderán probar a práctica do karate sen necesidade de contar con experiencia previa. Para máis información e inscricións pódese premer nesta ligazón.

A Escola de Karate Dokkodo abre as inscricións para a nova a temporada 2026-2027, que comeza neste vindeiro mes de setembro. Ademais, o club amesán oferta xornadas de portas abertas para que as persoas interesadas en coñecer o karate e explorar a súa práctica poidan ter un primeiro contacto con este deporte. As clases impartiranse na Casa da Cultura de Bertamiráns.

No caso de Bertamiráns, de luns a xoves haberá portas abertas de karate alevín e infantil os luns e mércores de 18.00 a 19.00 horas; clases de karate xuvenil e cadete tamén os luns e mércores, de 19.00 a 20.00 horas; os martes e xoves de 19.00 a 20.00 horas será a quenda do karate de adultos (dende os 16 anos); e os xoves, de 17.00 a 17.50 será o karate de iniciación (de 4 a 7 anos). Para participar non é preciso ter experiencia previa. 

As persoas interesadas en anotarse poden facelo premendo nesta ligazón. As prazas son limitadas. Para contactar coa escola pódese chamar ao teléfono 696 677 311, ou escribir ao enderezo electrónico karatedokkodo@gmail.com ou ás súas redes sociais Facebook e Instagram.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Xornadas de portas abertas na Escola de Karate Dokkodo en Bertamiráns"

A Escola de Karate Dokkodo oferta xornadas de portas abertas neste inicio da tempada 2026-2027