Pestanas principais

Novo Encontro Intercultural coa degustación de 10 receitas de Venezuela, Perú, Guatemala e Costa de Marfil

Domingo, 12 de xullo de 2026

O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acolleu o sábado, 11 de xullo, un novo Encontro Intercultural. A xornada incluíu a degustación de diversos pratos típicos de Venezuela, Perú, Guatemala e Costa de Marfil. Os asistentes puideron degustar 10 receitas de pratos, sobremesas e bebidas. Ademais, houbo música a cargo da instrumentista, compositora, mestra e veciña de Ames, Anne Tooming. A xornada estivo organizada polo Concello de Ames e contou coa colaboración da Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (AVESANTI).

O Concello de Ames organizou este sábado, 11 de xullo, un novo Encontro Intercultural, que se celebrou no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Os asistentes puideron degustar pratos típicos de diferentes nacionalidades realizados por veciños e veciñas de Ames, procedentes de diferentes países como Venezuela, Perú, Guatemala e Costa de Marfil.

Durante esta xornada, os veciños e veciñas de Ames que proceden de diversos países fixeron unha pequena mostra-degustación dos pratos típicos dos seus países. Deste xeito, toda a veciñanza que se achegou ao parque do Ameneiral, en Bertamiráns, puido degustar produtos típicos de múltiples culturas.
A cociña venezolana estivo representada con seis receitas diferentes. As outras catro receitas foron de Perú, Guatemala e Costa de Marfil. Elaboráronse diferentes pratos de comida e sobremesa, así como bebidas.

Durante a xornada tamén houbo actuacións musicais a cargo da música e veciña de Ames, Anne Tooming, que naceu en Tallín (Estonia), pero xa leva anos vivindo en Ames. Instrumentista, compositora e mestra, Anne fixo escola en Ames e ensinou historia da música a través dos marabillosos musicais que organizaba co seu alumnado. Co coro de nenos e nenas “Nososon” gañou cinco veces seguidas o premio á mellor panxoliña orixinal do Certame de Caixa Nova. Na actualidade dirixe a Coral “Lojo Batalla” de Tapia.

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, dixo que “o obxectivo desta iniciativa é que todas estas persoas que cociñan de forma voluntaria e gratuíta se sentan ben, protagonistas, valoradas e se sentan veciños e veciñas de Ames. Trátase dunha xornada de intercambio cultural con esas persoas que xa son de Ames, pero proceden doutros países. O Encontro Intercultural é unha xornada de intercambio cultural con esas persoas que xa son de Ames, pero proceden doutros países". O alcalde, Blas García, reivindicou que "Ames é un exemplo de integración e convivencia".

A través desta xornada o que se pretende é darlle voz e protagonismo a todas esas persoas que proceden de diferentes países do mundo, que xa son veciños e veciñas de Ames, polo tanto galegos e galegas, pero seguen mantendo a súa cultura e tradicións de orixe, o que supón unha grande riqueza para todo os amesáns e amesás.

Novo Encontro Intercultural coa degustación de 10 receitas de Venezuela, Perú, Guatemala e Costa de Marfil

Multimedia

  • Novo Encontro Intercultural coa degustación de 10 receitas de Venezuela, Perú, Guatemala e Costa de Marfil