Mércores, 20 maio, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 23 de maio organízase unha degustación de tapas en catro locais hostaleiros de Ames, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. Dita degustación ofrecerase no restaurante Onde Keiras, Bar O Recreo, Café-Bar Terra e Restaurante Mollos e Moios.
Este sábado, 23 de maio, organízase un novo evento do programa de actividade do mercado. Desta volta, haberá unha degustación de tapas en catro locais hostaleiros de Ames, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. O mercado celébrase na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas.
As tapas poderanse degustar nos restaurantes:
-Restaurante Onde Keiras: primavera gratinada.
-Bar O Recreo: repolo guisado estilo recreo.
-Café-Bar Terra: callos con chourizo de cachena.
-Restaurante Mollos e Moios: tortilla da horta.





