Pestanas principais

O coidado da pel centra as actividades da V Feira da Saúde e Benestar

Sábado, 25 de abril de 2026

O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción da Saúde, celebra a quinta edición da Feira da Saúde e Benestar, que este ano xira arredor do coidado da pel, o órgano que nos envolve. Deste xeito, hoxe sábado 25 de abril, na praza da Maía de Bertamiráns, hai durante todo o día presentacións, charlas, obradoiros e coloquios en relación ao coidado da pel e da saúde en xeral. Nesta edición participan un total de 13 asociacións cos seus stands para proporcionar información sobre o seu labor a todas aquelas persoas que se acheguen ata a feira. Ademais, o Concello de Ames conta cun stand propio para dar visibilidade ás actividades que se organizan dende o departamento de Promoción da Saúde, sobre todo para dar a coñecer o plan municipal de saúde mental, as andainas, os talleres de regulación emocional, o programa de cesación tabáquica, etc”.

A V Feira da Saúde e Benestar comezou ás 11.00 horas co acto de inauguración a cargo do alcalde, Blas García, e da concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís. Tamén asistiron concelleiros e concelleiras do goberno municipal e dos grupos políticos municipais do Partido Popular e BNG.

O alcalde, Blas García, destacou que “nesta feira o importante sodes vós, xa que sen os diferentes colectivos que vos dedicades á saúde non poderíamos celebrar esta feira”. A continuación puxo o foco na importancia da prevención. “É moi importante a prevención da saúde, e as administracións e neste caso os Concellos temos moito que facer en dita prevención. Nós somos un Concello que apostamos pola prevención, por iso celebramos esta feira e facemos importantes investimentos na promoción da saúde, dirixidas ás persoas maiores para fomentar o seu envellecemento activo, pero ademais dispoñemos dun plan municipal de saúde mental”. 

O rexedor municipal incidiu en que “somos o único Concello de Galicia que dispoñemos de dito plan de saúde mental, que imos a seguir incrementando. Este ano imos comezar a impartir cursos de RCP para formar á cidadanía. Tamén quero destacar que a saúde non só é atención sanitaria, senón que é moito máis, a saúde é ter estabilidade emocional, facer exercicio físico, ter bos hábitos de alimentación, etc”.

A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, explicou que “o obxectivo principal desta feira é darlle visibilidade ao traballo que fan as asociación que participan neste evento. O máis imporante é sacar á rúa o traballo que facedes no día a día para dalo a coñecer entre a veciñanza. Esta é a quinta edición da feira, polo que isto quere dicir que é unha iniciativa que funciona e gusta. Hai que manter uns bos hábitos para ter unha boa saúde. Este ano imos a centrarnos no coidado da pel, xa que é moi importante porque é o órgano máis grande que temos no noso corpo”.

Programación da V Feira da Saúde e Benestar
Trala inauguración realizáronse as presentacións de todas as entidades participantes. Ditas entidades son 13: ALCER, ANEDIA, AECC, Alcólicos Anónimos, ASANOG, Fonte da Virxe, querENDO, Obra Social Pediatría, AGAL Lupus Compostela, ConAtrite, AGADEA, Dano Cerebral Santiago de Compostela e ASOTRAME.

De seguido, a actividade trasladouse á Casa dos Maiores, situada na praza da Maía, onde se impartiu o relatorio A túa pel ten memoria, protéxea cada día; prevención do cancro de pel, unha charla a cargo de Iria Villar, técnica de prevención e coidados da AECC. Logo deste espazo informativo, as persoas participantes recibiron unha clase de taichí impartida, no parque do Ameneiral, polos instrutores de India&Tai, un centro de artes marciais.

Tras o taichí, houbo unha pausa ás 14.00 horas para xantar. A actividade retómase ás 17.00 horas cunha nova rolda de presentacións. Unha vez rematada, impártese ás 17.30 horas, na Casa dos Maiores, o coloquio-obradoiro Coidados básicos da pel. Esta actividade está impartida por Catalina Outeiral, que é Asesora Dermatolóxica. 

Ás 19.00 horas, o persoal de India&Tai volve impartir unha nova sesión, mais desta vez é de ioga. O emprazamento tamén é o parque do Ameneiral. Ás 20.00 horas, a feira da saúde chega ao seu fin.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Ames practica salud con charlas, deporte e información fiable"

O coidado da pel centra as actividades da V Feira da Saúde e Benestar

Multimedia

  • O coidado da pel centra as actividades da V Feira da Saúde e Benestar