Pestanas principais

O BNG de Ames demanda facilitar o estacionamento ao persoal que presta servizos a domicilio no concello

Venres, 27 de febreiro de 2026

Entre estes colectivos atópanse traballadoras e traballadores que deben prestan servizos a domicilio de maneira itinerante, con intervencións que adoitan ter unha duración limitada —ás veces dunha ou dúas horas— e que requiren desprazamentos frecuentes entre distintos puntos do núcleo urbano.

A falta de prazas de estacionamento nestas áreas obriga en numerosas ocasións a que estas profesionais deixen o vehículo en zonas de carga e descarga ou en espazos con restrición horaria, coa única finalidade de poder cumprir cos horarios e coas necesidades das persoas usuarias. Esta situación derivou xa en sancións de tráfico, malia tratarse de servizos esenciais que deben desenvolverse con puntualidade e nos que non sempre é posible destinar tempo adicional á procura de estacionamento.

Propoñen que a autorización sexa válida para estacionar, de forma excepcional e limitada no tempo, en zonas de carga e descarga ou, de existir nun futuro, con restrición horaria, sempre que non se interfira no seu uso principal e se utilice exclusivamente durante o período en que se estea a realizar o servizo. Consideran que este sistema debe articularse mediante un distintivo identificativo municipal, visible no vehículo, co fin de que a Policía Local poida recoñecer que se trata dun estacionamento vinculado á prestación dun servizo profesional necesario e temporal.

No pleno de onte, o PP e o PSOE uníronse para impedir que a moción se puidese votar,  ambos grupos aprobaron deixala sobre a mesa, o que na práctica implica que non hai data para volver a tratar esta problemática.

O BNG de Ames demanda facilitar o estacionamento ao persoal que presta servizos a domicilio no concello