Pestanas principais

Estabilizado o incendio forestal que se produciu esta mañá no lugar de Caroubáns

Martes, 15 de xullo de 2025

O Concello de Ames tivo que activar hoxe, por primeira vez neste verán, o plan municipal de incendios forestais de 2025, que inclúe as actuacións en materia de prevención de incendios e mailo dispositivo municipal de actuacións ante lumes forestais para o período estival deste ano. Foi debido a un incendio forestal que se produciu no lugar de Caroubáns, pertencente á parroquia de Covas. Na súa extinción participaron medios aéreos e terrestres da Xunta de Galicia, así como medios municipais como a Policía Local, membros da Agrupación de Protección Civil e unha cisterna da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza viaria. Na actualidade dito incendio, que afectou a unha superficie aproximada de 0,3 hectáreas, atópase estabilizado.

O alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, achegáronse ata a aldea de Caroubáns, na parroquia de Covas, para comprobar o estado do incendio forestal que se produciu esta mañá neste lugar. Debido a este lume o Concello de Ames tivo que activar o protocolo do plan municipal de incendios forestais de 2025. Na actualidade dito incendio, que afectou a unha superficie aproximada de 0,3 hectáreas, atópase estabilizado e non representa risco algún para a veciñanza do lugar de Caroubáns.

Na extinción do incendios participaron medios aéreos (avións e helicópteros)  e terrestres (motobombas e brigadas) da Xunta de Galicia, así como medios municipais como a Policía Local, membros da Agrupación de Protección Civil e unha cisterna da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza viaria.

Plan municipal de incendios forestais
Cómpre destacar que o Concello de Ames dispón dun plan municipal de incendios forestais que inclúe as actuacións en materia de prevención de incendios e mailo dispositivo municipal de actuacións ante lumes forestais para o período estival deste ano. 

A finalidade deste dispositivo municipal dentro do plan de Incendios na temporada de alto risco, que vai do 1 de xullo ao 30 de setembro, é a organización dos distintos medios persoais e materiais cos que conta o Concello para actuar dun xeito rápido e eficaz fronte a posibles incendios forestais que poidan desenvolverse en Ames. O obxectivo é que ante un incendio forestal cada grupo de intervención saiba cal é a súa labor evitando ou minimizando os imprevistos e facilitando a colaboración do Concello co director/a de extinción.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Ames estrenó su plan de incendios para sofocar un fuego en Caroubáns"

El Correo Gallego: "Estabilizado un fuego forestal en Ames que obligó a activar por primera vez este año el plan municipal de incendios"

AMSGO!: "Estabilizado o incendio forestal que se produciu esta mañá no lugar de Caroubáns"

Diario de Santiago: "Estabilizado o incendio forestal que se produciu esta mañá no lugar de Caroubáns"

Estabilizado o incendio forestal que se produciu esta mañá no lugar de Caroubáns

Multimedia

  • Estabilizado o incendio forestal que se produciu esta mañá no lugar de Caroubáns
  • Estabilizado o incendio forestal que se produciu esta mañá no lugar de Caroubáns
  • Estabilizado o incendio forestal que se produciu esta mañá no lugar de Caroubáns
  • Estabilizado o incendio forestal que se produciu esta mañá no lugar de Caroubáns
  • Estabilizado o incendio forestal que se produciu esta mañá no lugar de Caroubáns