Pestanas principais

Venda e animación nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro coa Festa do Comercio 2025

Luns, 26 de maio de 2025

A Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración do Concello de Ames e a Xunta de Galicia, organizan a Festa do Comercio 2025 que se vai a realizar o 6 de xuño en Bertamiráns e o 20 de xuño no Milladoiro. Haberá pasarrúas, talleres, concursos e concertos co obxectivo de dinamizar as rúas e animar a veciñanza a mercar no comercio local de Ames. As persoas que realicen compras superiores a 10 euros terán un premio seguro.

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación da Festa do Comercio 2025, unha iniciativa posta en marcha pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), en colaboración do Concello de Ames e a Xunta de Galicia, o obxectivo de dinamizar as rúas de Ames e animar a veciñanza a mercar no comercio local de Ames.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; o presidente de Xuntanza de Empresarios de Ames, Ramón Cordido; así como os vogais de XEA, Jorge López e Germán Mariño, foron os encargados de explicar este campaña que se vai desenvolver o 6 de xuño en Bertamiráns e o 20 de xuño.

A concelleira de  Promoción Económica, Ana Belén Paz, comezou agradecendo “o traballo que realizan no día a día dende a Xuntanza de Empresarios de Ames. É unha xuntanza moi activa, que está en constante crecemento, e que realiza campañas en Bertamiráns e no Milladoiro, xa que ten socios en ambas as dúas localidades. As campañas que realizan son a pé de rúa e axudan a dinamizar o noso comercio e hostalería local”.

“Dende a Concellaría de Promoción Económica imos  a colaborar coa Festa do Comercio contratando a unha persoa, Fredi Muíño, da compañía N+1, que vai a realizar un ghappening, un espectáculo de humor polas rúas, na que o humorista vai interactuar coa veciñanza. Pola mañá vai a repartir información sobre as actividades que se van a realizar polas tardes. Ademais, dende o Concello vaise a colaborar coas bolsas de En Ames témolo todo. Cada persoa que participe na ruleta vai a levar de agasallo unha bolsa”.

Programación da Festa do Comercio 2025
O presidente de Xuntanza de Empresarios de Ames, Ramón Cordido, destacou que “esta festa do comercio é unha iniciativa na que, dende XEA, imos investir moito tempo e cartos da asociación porque consideramos que é algo que necesitaba Ames para a promoción do seu comercio local”.

Ademais, explicou o programa do evento, “o venres 6 de xuño estaremos en Bertamiráns, haberá pasarrúas, obradoiros, concursos, e un concerto na rúa Ameneiral. Nesta xornada, haberá unha ruleta na praza da Maía, e os talleres vanse a desenvolver no cruce da avenida da Maía coa rúa do Pedregal. No Milladoiro estaremos o venres 20 de xuño e, debido ás obras que se están a levar a cabo na vila, a festa do comercio terá lugar na zona da rúa Agro do Medio, á altura do Supercor, e tamén haberá diferentes actividades como pasarrúas, concursos e obradoiros”.

Por outra banda, Jorge López, vogal de XEA, subliñou que “esta festa é unha vella aspiración que tiñamos desde a asociación dende hai anos e que, por falta dun bo financiamento, fomos atrasando. Este ano por fin podemos investir o suficiente para facer unha festa axeitada, tal e como queremos e como merece o comercio de Ames”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A Festa do Comercio de Ames animará as rúas de Bertamiráns e Milladoiro"

Diario de Santiago: "Venda e animación nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro coa Festa do Comercio 2025"

Venda e animación nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro coa Festa do Comercio 2025

Multimedia

  • Venda e animación nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro coa Festa do Comercio 2025
  • Venda e animación nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro coa Festa do Comercio 2025
  • Venda e animación nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro coa Festa do Comercio 2025
  • Venda e animación nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro coa Festa do Comercio 2025
  • Venda e animación nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro coa Festa do Comercio 2025
  • Venda e animación nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro coa Festa do Comercio 2025
  • Venda e animación nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro coa Festa do Comercio 2025