Pestanas principais

A produtora con sede en Ames, Serea Films, recibe o Mestre Mateo a mellor documental por Os espazos en branco

Luns, 25 de marzo de 2024

A produtora audiovisual con sede na localidade do Milladoiro, Serea Films, vén de recibir este pasado sábado o premio Mestre Mateo a mellor documental por Os espazos en branco. Trátase dunha crónica na que o director do documental, Bruno Arias, afonda na figura pública de Xela Arias para atopar nela unha persoa: a súa tía. Serea Films conta cun posto no espazo colaborativo A Proa. Ademais, Serea Teatro, que forma parte de Serea Producións, realizou unha residencia no auditorio sa Casa da Cultura do Milladoiro para preparar a obra de teatro A luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller, dirixida por Noelia Papín que foi estreada o pasado 14 de decembro no Milladoiro. Tamén cómpre destacar que Lidia Veiga, que presentou a gala dos Mestre Mateo xunto con Miguel Canalejo, participa no espazo de Radio Cidadá de Ames Radio co Exército Mekemeke.

O pasado sábado, 23 de marzo, o Coliseum da Coruña acolleu a gala dos XXII Mestre Mateo que estivo presentada pola actriz, Lidia Veiga, e polo actor, Miguel Canalejo. Lidia Veiga participa no espazo de Radio Cidadá de Ames Radio co Exército Mekemeke.

Durante o transcurso da gala a produtora con sede na localidade amesá do Milladoiro, Serea Films, recibiu a boa nova de que recibía o premio ao mellor documental por Os espazos en branco, no que participan as actrices Melania Cruz, Sheyla Fariña e Lidia Veiga. O director do documental, Bruno Arias, afonda na figura pública de súa tía, Xela Arias, á que se lle dedicou en 2021 o Día das Letras Galegas.

Os espazos en branco é un diálogo coa ausencia, unha viaxe polos camiños da memoria. Unha carta entre o presente e o pasado. Os espazos en branco é unha crónica do intento de Bruno de ir máis alá da figura pública de Xela Arias e atopar nela unha persoa: a súa tía. Como podes amar a alguén que non coñeces? Que parte do que somos provén de imaxes que non temos? Canto hai de persoa nos recordos que quedan sobre ela? Preguntas universais que describen un conflito interno, unha contradición, unha ferida a curar a través da ferramenta que mellor explora os sentimentos humanos: o cine.

Álvaro Liste, produtor en Serea Films, xunto con Bruno Arias, director do documental, foron os encargados de recoller o premio. Na súa intervención, Álvaro Liste agradeceulle ao Concello de Ames e outras institucións a colaboración para poder realizar dito documental. Ademais, dixo que “este proxecto naceu nunha cafetería no Milladoiro cando coñecín a Bruno. Este é un proxecto xeracional no que nos rodeamos de xente moi nova que supuxo un gran impulso pola forza e as ganas coas que veñen”.
 
O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, dálle os parabéns a Serea Films por este premio Mestre Mateo ao mellor documental. “O éxito de Serea Films é tamén un éxito de Ames. Estamos moi orgullosos do éxito dun proxecto que naceu no Milladoiro e que utiliza A Proa para seguir medrando”.

Hai que lembrar que Serea Films conta cun posto no espazo colaborativo A Proa. Ademais, Serea Teatro, que forma parte de Serea Producións, realizou unha residencia no auditorio sa Casa da Cultura do Milladoiro para preparar a obra de teatro A luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller, dirixida por Noelia Papín, que foi estreada o pasado 14 de decembro no Milladoiro.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Serea Films fíxose cun Mestre Mateo ‘incubado’ no Milladoiro"

Ames Go: "Serea Films, recibe o Mestre Mateo a mellor documental por Os espazos en branco"

A produtora con sede en Ames, Serea Films, recibe o Mestre Mateo a mellor documental por Os espazos en branco

Multimedia

  • A produtora con sede en Ames, Serea Films, recibe o Mestre Mateo a mellor documental por Os espazos en branco
  • A produtora con sede en Ames, Serea Films, recibe o Mestre Mateo a mellor documental por Os espazos en branco
  • A produtora con sede en Ames, Serea Films, recibe o Mestre Mateo a mellor documental por Os espazos en branco
  • A produtora con sede en Ames, Serea Films, recibe o Mestre Mateo a mellor documental por Os espazos en branco