Pestanas principais

Preto de 1600 persoas participaron no programa SaúdeAndo ao longo do 2022

Mércores, 11 de xaneiro de 2023

O programa SaúdeAndo programou en 2022 un total de 38 andainas circulares e 10 de fin de semana. Unhas saídas nas que participaron preto de 1600 persoas percorrendo un total 300 quilómetros. Este xoves, 12 de xaneiro, arranca unha nova edición do programa SaúdeAndo. A primeira das 38 saídas programadas ao longo de 2023 terá lugar no Milladoiro no seu horario habitual, ás 17:30 horas. As andainas do SaúdeAndo son unha iniciativa da Concellaría de Promoción de Saúde, en colaboración cos dous centros de saúde do concello. É precisamente dende os propios centros onde comezan as rutas circulares, que duran entre unha hora e unha hora e media e que teñen unha dificultade media-baixa. As saídas, que alternan un xoves en cada vila, retómanse en Bertamiráns o vindeiro xoves 19 de xaneiro.

O programa SaúdeAndo inclúe un total de 38 andainas ao longo de todo o ano, con 19 rutas circulares dende o centro de saúde do Milladoiro e outras 19 dende o de Bertamiráns. A primeira das saídas programadas para este ano 2023 terá lugar este xoves, 12 de xaneiro, no Milladoiro.

As sesións teñen lugar ás 17:30 horas, alternando cada xoves entre os centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns, e sempre van acompañadas dun monitor de marcha nórdica, que instrúe ás persoas que desexen voluntariamente practicar esta modalidade. As sesións teñen unha dificultade media-baixa e duran entre unha hora e unha hora e media.

No Milladoiro haberá 19 andainas, nos días 12 e 16 de xaneiro; 9 e 23 de febreiro; 9 e 23 de marzo; 20 de abril; 4 de maio; 1, 15 e 29 de xuño; 7 e 21 de setembro; 5 e 19 de outubro; 2, 16 e 30 de novembro e 14 de decembro.

Pola súa banda, Bertamiráns contará con 19 saídas, os días 19 de xaneiro; 2 e 16 de febreiro; 2, 16 e 30 de marzo; 13 e 27 de abril; 11 e 25 de maio; 8 e 22 de xuño; 14 e 28 de setembro; 26 de outubro; 9 e 23 de novembro e 7 e 21 de decembro.

Segunda etapa do “Xiro Grande dos Montes de Compostela”
A concellaría de Promoción da Saúde organiza este sábado, 14 de xaneiro, a segunda etapa do “Xiro Grande dos Montes de Compostela”. A ruta percorrerá ao redor de doce quilómetros, partindo da Lavacolla e chegando ata A Igrexa (Cesar). Os interesados en participar poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario ata mañá xoves, 12 de xaneiro, ás 16:00 horas. Haberá servizo de autobuses con saída dende a Praza do Concello, en Bertamiráns, ás 10:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 10:15 horas.

Novas relacionadas:

El Corre Gallego: "Case 1.600 veciños apostaron polas andainas do programa Saudeando"

Preto de 1600 persoas participaron no programa SaúdeAndo ao longo do 2022

Multimedia

  • Preto de 1600 persoas participaron no programa SaúdeAndo ao longo do 2022
  • Preto de 1600 persoas participaron no programa SaúdeAndo ao longo do 2022
  • Inscríbete na segunda etapa do "Xiro Grande dos Montes de Compstela"