Pestanas principais

Sométese a información pública o proxecto da liña de alta tensión aéreo-subterránea dos parques eólicos A Picota e a Picota II

Mércores, 24 agosto, 2022
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) o acordo para someter a información pública o proxecto Liña aéreo-subterránea 220 kV SET PE A Picota 220 kV – SET colectora Nova, que afecta aos concellos de Mazaricos, Negreira, A Baña, Ames e Santiago de Compostela. Dende o martes 23 de agosto e ata o luns 3 de outubro de 2022, o proxecto atópase en fase de envío de suxestións, achegas e opinións.

As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Os documentos que as persoas interesadas dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:

  • No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
  • Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
  • Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
  • Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
  • En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

Premendo nesta ligazón pódese consultar toda a documentación do proxecto, a través do portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia.