Pestanas principais

>Nova Galega Danza, Leira

Venres, 6 agosto, 2021
23/06/2021

O espectáculo Leira representarase  ás 22:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. O novo traballo de Nova Galega de Danza mestura a danza coa música en directo de Rosa Cedrón para transportarnos á dura beleza dos labores do campo.

Leira acadou o Premio do público na MIT de Ribadavia 2020.

Poden coñecer máis datos sobre o espectáculo premendo na seguinte ligazón Leira.

Os convites que previamente recolleron para o Parque do Ameneiral, onde ía ter lugar o espectáculo, non serán válidos, e as persoas que desexen asistir ao auditorio da Casa da Cultura deberá sacar un novo convite no seguinte enlace. Pregamos que dadas as limitacións de aforo, se algunha persoa colle o convite e logo non pode asistir, que o comuniquen vía mail a cultura@concellodeames.gal ou nos teléfonos 639663147 / 662377444.