Pestanas principais

As actividades do programa Sanauga prolongaranse durante o mes de xuño

Luns, 31 de maio de 2021

Debido a redución de tempo do programa Sanauga por mor da pandemia, a Concellaría de Benestar Social vén de decidir o aumento dun mes máis de actividade, así rematará a finais de xuño e non de maio como se viña facendo nas últimas edicións.  O programa posto en marcha a través da Oficina de Voluntariado (OVA), e co-financiado pola Deputación da Coruña, está dirixido a persoas maiores e/ou con discapacidade e ten como obxectivos mellorar a mobilidade e o benestar físico dos/as asistentes e mitigar as molestias derivadas de enfermidades musculares e óseas.

Son moitas as persoas que ao longo dos últimos anos comprobaron a través do programa Sanauga os beneficios que supón facer exercicio na auga. As sesións establécense a través de exercicios que habitualmente se fan en terra e o que se pretende con esta metodoloxía é unha aproximación ao medio acuático desde a motricidade cotiá das persoas, facilitando os movementos e a exercitación dos músculos. De feito, na auga, realízanse movementos habituais cos que a persoa maior está familiarizada, como andar, empurrar materiais e mover segmentos corporais.

O programa desenvólvese na piscina do Centro deportivo A Telleira, situada en Bertamiráns. A actividade, que se imparte polas mañás, repártese en tres quendas que se amplian cando é necesario. Os martes e xoves ás 9:15, ás 10:00 e ás 10:45. As clases teñen unha duración de 45 minutos. Cada grupo está composto por 8 persoas.

As actividades de Sanauga comezaron a desenvolverse de novo o luns, 15 de marzo, no Centro Deportivo Municipal A Telleira tras a súa suspensión o pasado mes de novembro por mor da Covid-19. Debido a este atraso nas datas, a Concellaría de Benestar Social decidiu o aumento dun mes máis de actividade. Deste xeito, o/as participantes de Sanauga rematarán a finais de xuño e non de maio como se tiña previsto.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Prorrogan durante todo el mes los ejercicios ‘revitalizantes’ a remojo"

Piscina de A Telleira