Pestanas principais

Aumentan nun 18% as visitas ao Punto Limpo amesán con respecto a setembro do ano 2019

Martes, 06 de outubro de 2020

777 persoas achegáronse o pasado mes de setembro ao Punto Limpo de Ames. A cifra suma 138 persoas ao total de visitantes do mes de setembro do ano pasado. Das achegas feitas ao longo do mes destacan os residuos eléctricos e electrónicos que alcanzan os 4360 quilos, 820 máis que en setembro de 2019. O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras, no Polígono do Milladoiro e abre de luns a venres de 10:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 9:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 20:00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.

As cifras que traducen a unidades e quilos os refugallos que a veciñanza de Ames levamos ao Punto Limpo este ano falan por si soas, amosando cantidades que superan, algunhas duplican, ás rexistradas no mesmo período do ano 2019.

Destacan os 150 quilos de envases baleiros contaminados, 50 máis que no ano 2019; os 540 quilos de rodas, 316 máis que o ano pasado; o ano pasado entregáronse 28 litros de aceite de motor fronte aos 64 litros deste ano; tamén superáronse os litros de pintura entregados: 142 fronte aos 78 do ano pasado; no 2019 chegaron ao Punto Limpo 5 metros cúbicos de roupa e este ano foron 6; o número de aerosois pasou de 12 a 22; o de voluminosos de 80 metros cúbicos a 120 metros cúbicos e o de madeira de 60 a 100; supérase tamén en máis dun terzo o volume de plásticos, metais e escombro. A entrega de aceites vexetais, pola contra, baixou en 10 litros e pasou de 141 a 131 e tamén foron menos as baterías de chumbo entregadas: 75 quilogramos fronte aos 180 do ano pasado.

Horarios e teléfono de contacto
O centro está aberto preto de 40 horas semanais en xornada de mañá e tarde entre luns e o sábado. Así, o Punto Limpo abre de luns a venres de 10:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 9:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 20:00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.

Para a recollida de voluminosos e aveños a domicilio, a cidadanía que chamar ao número de teléfono 981 19 12 40.

O Centro de depósitos de residuos do Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do Polígono Novo Milladoiro e ata alí poden achegarse todos os veciños e veciñas de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Aumentaron as visitas ao Punto Limpo de Ames"

O Centro de depósitos de residuos do Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do Polígono Novo Milladoiro