Pestanas principais

Inicio de expediente de investigación patrimonial respecto dun rueiro en Outeiro (Bugallido)

Luns, 14 de xaneiro de 2019

[14-01-2019] A través do decreto de Alcaldía, número 24/2019, de 7 de xaneiro, resolveuse iniciar o expediente administrativo de investigación patrimonial do seguinte ben que se presume de propiedade municipal co fin de determinar a súa titularidade: Rueiro sito en Outeiro, Bugallido, lindante coas parcelas con referencia catastral 1247926NH3414N0001ZT, 1247927NH3414N0001UT, 1247928NH3414N0001HT, 1247929NH3414N0001WT.

No prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao que deba darse por terminada a publicación dos anuncios no taboleiro do Concello de Ames, poderán as persoas afectadas polo expediente de investigación alegar por escrito canto estimen conveniente ao seu dereito ante a Corporación, acompañando todos os documentos en que funden as súas alegacións. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito anuncio.